Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Poio prepárase para o Samaín de Campelo

REDACCIÓN

Poio

Poio xa quenta motores para celebrar unha nova edición do seu Samaín en Campelo, que este ano cumpre trece edicións. A programación arrincará o venres 31 de outubro, ás 18.30 horas, co tradicional truco ou trato polas rúas de Campelo. O sábado destaca a Casa do Medo, que abrirá as súas portas de 17.30 a 19.30 horas na antiga gardería de Campelo. A continuación, Barafunda Teatro representará a obra ‘Quen dixo medo?’, antes de dar paso á tradicional corredoira do terror e ao magosto popular.

Tracking Pixel Contents