Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG rexeita a «tarifa plana» de axudas para todos os colectivos

REDACCIÓN

Poio

O BNG de Poio pide ao Concello asuma o gasto das carpas para a celebración dos tradicionais magostos organizados polas asociacións que non contan cun local social propio. Critica a «tarifa plana» de axudas de 600 euros para todos os colectivos «sen ter en conta nin os gastos nin necesidades de cada un, o que está a deixar nunha situación precaria a aqueles que necesitan un espazo exterior para súa celebración».

Tracking Pixel Contents