Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A escritora Carolina Outeda presenta o seu libro de poemas

REDACCIÓN

Poio

A escritora pontevedresa Carolina Outeda presentará o domingo o seu libro «Antes de preguntarnos el porqué», no Casal de Ferreiros, a partir das 17.00 horas. Con tan só 23 anos, Outeda estrea a súa faceta literaria cunha obra que convida a sentir e reflexionar. Trátase dunha antoloxía de poemas e breves textos en prosa, nos que aborda temas diversos desde unha perspectiva íntima e próxima, buscando que o lector se sinta identificado coas súas palabras.

Ademais, este venres, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Biblioteca, organízase unha actividade gratuíta para as familias: o «Gran Quiz», un xogo educativo para poñerse a proba a través dun cuestionario. Na Biblioteca Municipal de Poio, a partir das 17.30 horas e con entrada gratuíta.

Xa o sábado, a programación cultural continúa coa última representación da Mostra de Teatro Outeiro Grande, organizada por Moura Teatro coa colaboración do Concello de Poio e da Deputación. Nesta ocasión, subirase ao escenario a compañía A&Z Producións para representar a obra ‘A limpadora, a psiquiatra e o marido asesor’, dirixida por Alejandro Albaiceta Cruz. Ás 21.00 horas no local da Comunidade de Montes de San Xoán.

Tracking Pixel Contents