Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Monte Porreiro e o Concello animan á participación veciñal

REDACCIÓN

Pontevedra

A Xunta Xestora da Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro visitou o Concello de Pontevedra para reunirse co concelleiro delegado do barrio, Alberto Oubiña, e informalo do proceso de renovación da entidade.

O equipo que dirixe interinamente o colectivo veciñal abriu xa o proceso de presentación de candidaturas á Xunta Directiva até o vindeiro día 31 de outubro. O concelleiro quixo agradecer o traballo do grupo de persoas que estiveron até o pasado mes de setembro ao fronte, e animar á veciñanza socia a participar activamente do movemento veciñal, presentándose aos seus cargos directivos e tamén como colaboradores dos mesmos.

Malia ser a única asociación veciñal que ten o barrio de Monte Porreiro, e contar con máis de 35 anos de historia e traballo en prol da urbanización, de non existir candidaturas para a súa dirección veríase abocada á liquidación e cese de toda a súa actividade, tal e como sinalou a Xunta Xestora durante a súa xuntanza co concelleiro

A xunta xestora actual e o concelleiro Alberto Oubiña coincidiron na «mágoa que suporía a desaparición» do colectivo. Tamén tiveron tempo para valorar actuacións feitas polo Concello nas pasadas semanas no barrio e compartir proxectos de futuro para o mesmo.

Tracking Pixel Contents