Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Deputación e ONGD poñen en valor a sanidade inclusiva

REDACCIÓN

Pontevedra

.A Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD celebraron este luns a xornada «Cando a cooperación sanda», que puxo en valor os esforzos de cooperación global por garantir os dereitos a unha sanidade inclusiva nas comunidades do sur global. A xornada, que foi inaugurada pola deputada provincial de Benestar Social, Paula Bouzós, centrouse no proxecto CORESI, que pon o foco na mellora da atención sanitaria, especialmente ás mulleres, en vintecinco comunidades hondureñas.

Paula Bouzós lembrou que esta xornada forma parte do proxecto «Somos Ponte», no que colaboran ambas as dúas entidades e no que «falamos do que nos conecta co mundo a través do compromiso institucional e a solidariedade cidadá». A deputada destacou que «a cooperación ao desenvolvemento demostrou con creces ser unha fórmula eficaz para vertebrar procesos de cambio que melloran a vida e os dereitos básicos de milleiros de persoas», e sinalou o compromiso do goberno provincial á hora de poñer en marcha «solucións globais que impliquen a cidadanía e as institucións» para «defender os dereitos humanos, promover o desenvolvemento humano sostible en todo o mundo e traducir estas accións de sensibilización en máis solidariedade e máis compromiso».

Tracking Pixel Contents