Cotobade pon de relevo o rastrexo de cabazas polas festas de Samaín
Celébrase o vindeiro venres 31 de outono no castelo do Eirado e está dirixido as familias
REDACCIÓN
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou publicamente a actividade «Rastrexo de cabazas: Samaín 2025», que se celebra o venres 31 de outono no castelo do Eirado (pazo Bermúdez de Castro), situado na parroquia de San Xurxo de Sacos.
Trátase dunha proposta dirixida a familias e grupos, coa que se pretende ofrecer unha alternativa lúdica e participativa para conmemorar o Samaín, combinando tradición, convivencia e diversión.
O rastrexo dará comezo ás 20.00 horas, e para participar é necesario levar lanterna e teléfono móbil, así como ir disfrazado para a ocasión. Ademais, recoméndase o uso de calzado axeitado. Ao rematar a actividade, celebrarase unha chocolatada con sorteos para todos os participantes.
Inscripción
A inscrición terá un prezo simbólico de 2 euros por caveira (abonado unicamente polos menores de idade) e poderá realizarse a través do número de teléfono 660 708 902, tamén habilitado como grupo de Whatsapp.
Para o desenrolo desta actividade, o Concello de Cerdedo-Cotobade conta coa colaboración da Banda de Música Unión Musical de Tenorio, Club Deportivo Petote, do mestre de Muay Thai Tony Garrido e das Escolas Deportivas de Cotobade, que contribúen activamente á organización e desenvolvemento desta actividade e raigame tradicional.
Tradicións
O alcalde, Jorge Cubela, destacou «a importancia de seguir potenciando o Samaín como unha celebración tradicional galega, especialmente nas nosas parroquias, combinando o espírito festivo coa posta en valor do patrimonio local e a participación da veciñanza, especialmente do público familiar cun protagonismo especial para os nosos cativos».
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- Juan Carlos I no podrá competir en Sanxenxo: el 'Bribón' queda «varado» en Gijón
- El primer día de huelga en Ence paraliza la factoría y la empresa dice que «perjudicará a todos»
- Muere «Pepín» Odriozola, el héroe que hizo soñar al Pontevedra
- La pontevedresa Adelina Sanmartín cumple 101 años con ocho hijos, 25 nietos y siete bisnietos
- Ence plantea 39 prejubilaciones y bajas incentivadas en su planta de Pontevedra
- La vivienda en Sanxenxo casi duplica a la ciudad y es diez veces más cara que en Campo Lameiro
- Más de 800 personas en la marcha contra la ELA entre Arcade y Pontevedra