Legerén, Veiga e Fuentes son as elexidas na derradeira edición de «Mulleres no foco»
O certamen celebrouse anoite na sede de Afundación | O acto foi amenizado coa música de Guadi Galego e Margarida Mariño

Un momento do acto celebrado anoite en Pontevedra. | Gustavo Santos
R.P.
.As profesionais do audiovisual Beatriz Legerén, Lucía Veiga e Silvia Fuentes son as gañadoras da quinta edición dos premios Mulleres no Foco, entregados este venres no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra. Un certame promovido pola Deputación e a Asociación de Mulleres CIMA que ten o obxectivo de dar visibilidade ao papel da muller no sector do audiovisual.
A cerimonia de entrega destes galardóns, que estivo amenizada coa música de Guadi Galego e Margarida Mariño, contou coa participación do presidente provincial, Luis López, así como das tres gañadoras destes galardóns e da presidenta de CIMA, Guadalupe Balaguer, e a asistencia das dezasete nomeadas. «Aquí hai un só protagonismo, o das mulleres no cinema; un só foco, o voso; e unha soa causa, a da visibilidade feminina na pantalla.
Os demais somos puro atrezzo. Espectadores afortunados dos vosos logros e conquistas», afirmou Luis López para remarcar a necesidade e o propósito deste certame cun discurso que serviu para baixar o pano dunha gala na que tamén estivo presente o conselleiro de Cultura, Xosé López, así como outros representantes do sector cultural e institucional de Galicia.
Despois de cinco edicións destes galardóns, fixo o presidente un chamamento á reflexión. «Hai máis mulleres no foco que antes? Coido que todos estariamos de acordo en que si, en gran medida grazas a iniciativas como esta da Deputación en alianza con CIMA. Celebrémolo, porque non é para menos.
Logo, claro, veñen os matices. É un si insuficiente, un si fráxil, un si que nace de esforzos e sacrificios das que viñeron detrás e un si que ningún actor ten que celebrar porque naceu con el», enmarcou López antes de apuntar que aínda hai moito camiño que percorrer para que as mulleres profesionais do audiovisual teñan a mesma visibilidade que os homes.
A invisibilidade da muller
«Basta con facer unha procura nun dos portais máis populares de Internet e comprobar que nas mellores películas da historia segundo os usuarios nin unha soa muller é protagonista principal», formulou o dirixente. Para «corrixir esta invisibilidade», cómpre «seguir abrindo o foco para que no plano entren todas esas historias en feminino que se quedaron nas marxes, ou que nin sequera formaron parte nunca dun guion», reivindicou López.
Méritos craros
Unha causa, a do recoñecemento e visibilidade da muller no sector audiovisual, á que contribúen especialmente as tres profesionais recoñecidas nesta quinta edición. Beatriz Legerén, pioneira no ámbito dos videoxogos e contidos interactivos en Galicia, comprometida coa igualdade e a diversidade no sector e que compaxina o seu labor profesional coa docencia na Universidade de Vigo. Lucía Veiga, actriz, monologuista e presentadora de ampla traxectoria no cinema que suma nominacións de prestixio como a dos premios Goya; é presidenta da Academia Galega do Audiovisual. E Silvia Fuentes, produtora nova e versátil.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los bocatas XXL triunfan en Poio
- Diputación y Adif desbloquean la vía verde de Pontevedra a Arcade tras doce años de espera
- Pontevedra 1-1 Mérida: Ahogamiento entre el barro y el punto de penalti
- Más de 730 corredores desafían al mal tiempo en Pontevedra para ayudar a las víctimas de trata
- Los vendedores exigen el regreso al centro para «no morir de hambre»
- «El té es la bebida que da de beber al alma»
- Vivienda en San Roque, Alameda y casco histórico: 2.151 euros el metro cuadrado
- Una oficial de la Policía Local denuncia al jefe por «acoso»