O ‘freestyle’ en galego chega a Alameda o día 11 cunha nova edición do CeibaRimas
A celebración do vindeiro sábado é aberta ao público con inscrición gratuita
REDACCIÓN
A Alameda de Pontevedra acollerá a quinta edición do CeibaRimas, o único proxecto de rap improvisado en galego. O vindeiro sábado día 11, a competición, aberta a todo o público con inscrición gratuíta, repartirá mil euros en premios.
Ademais das batallas, actuarán Hugo Guezeta e Nadie González. Tamén haberá un espazo reservado para artistas emerxentes como Pappaquino, Queen Rendi, Misoskatos, Os Fortes e Area Rosae.
O evento contará con servizo de barra e carpa no caso de choiva. Como novidade a organización anuncia que esta edición poderá verse días despois na plataforma Agalega.gal da Televisión de Galicia. O obxectivo é «demostrar co freestyle en galego existe e está a medrar con forza», exclaman.
CeibaRimas quere levar a cabo a difusión e promoción do uso da lingua entre a mocidade. Por iso, emprega unha disciplina que acumula millóns de visualizacións na fala hispana. Tamén buscan crear un formato máis inclusivo no que se valore «a improvisación e a creatividade por riba da confrontación».
A Gran Final, que terá una duración dunhas cinco horas en total, é o colofón dunha serie de eventos repartidos por toda a comunidade. Na competición, os participantes deberán desenvolver diferentes xogos de improvisación sobre bases de hip-hop, como «rimar utilizando certas palabras, facelo sobre unha temática ou defender posturas opostas».
O xulgado o formarán High Paw, Hugo Guezeta, Nadie González, Frank Huxley e Alba María e valorarán as rimas, a técnica, a posta en escena e o uso da lingua.
- Identificado por tirar a la calle una cama, 53 cajas de bebidas, 16 colchones y diez sillas en Sanxenxo
- La pleamar corta un tramo de la autovía de Marín e inunda el muelle de Pontevedra
- El fallecido en aguas de Loira es un vecino de Moledo de 68 años al que su familia echó en falta
- Huelga hoy en el sector de la construcción
- La Navidad, cada vez más adelantada
- Nueva fuga con conducción temeraria en Poio
- La pleamar invade la PO-11 y «atasca» todavía más la continuidad de su paseo
- Se investiga al dueño de un establecimiento de Caldas por venta de drogas