Cuntis inicia a formación de adultos con vinte alumnos
REDACCIÓN
O programa de formación para adultos para a obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) comezou a súa actividade con arredor de 20 alumnos matriculados para o curso 2025. O programa está dirixido a persoas maiores de 16 anos.
Como novidade este ano, e co obxectivo de adaptarse ás necesidades dos alumnos e favorecer a conciliación coa vida familiar e laboral, o Concello puxo en marcha un novo sistema de horarios. Por primeira vez, haberá clases tanto de mañá como de tarde, o que permite unha maior flexibilidade.
Este programa, posto en marcha no ano 2003, depende directamente do financiamento do Concello, que contrata as dúas docentes que imparten clases nos catro cursos da ESO. O «traballo do persoal da concellería de Servizos Sociais e a disposición dos propios alumnos permiten que o Centro de Formación Ocupacional de A Ran preste un importante servizo aos veciños de Cuntis», destaca o Concello.
- Primer día de confinamiento de las gallinas: «Es un trastorno, las estresa mucho»
- Varios jabalíes mueren atropellados al irrumpir en la vía rápida de Sanxenxo
- La toxina amenaza con el cierre cautelar a los bancos marisqueros del fondo de la ría
- Más de 800 personas en la marcha contra la ELA entre Arcade y Pontevedra
- La Bonoloto deja en Pontevedra un premio de 41.407 euros
- Vivenda busca suelo para más pisos públicos en Pontevedra al no ceder la demanda: 1.385 familias
- Ángela Balado logra el oro europeo de taekwondo en Atenas
- Segunda jornada de huelga en Ence de Pontevedra con discrepancias entre trabajadores de fábrica y oficinas