Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Sesión de teatro do Ateneo Santa Cecilia

O Ateneo Santa Cecilia de Marín ofrece a representación da obra de teatro «A pequena cabana», unha adaptación da comedia de André Roussin, a cargo do grupo de teatro A.C. Fonte da Tella de Soutomaior. A función será este venres día  10 ás 20.00 horas no auditorio do Instituto Illa de Tambo. O equipo artístico está conformado por Salvador Álvarez, Suso Fernández, Cristina Brísimo e Carlos Cerviño. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

Tracking Pixel Contents