Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

‘Mércores de cine’ polas compras en Caldas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, puxo onte en valor a iniciativa ‘Mércores de cine’ organizada polo Centro Comercial Aberto (CCA) de Caldas de Reis e apoiada pola Xunta. As persoas participantes terán que presentar o seu tícket de compra ao chegar ao Cine Avenida, a súa entrada e pagar tan só un euro a maiores. Alén destacou o reclamo da campaña, que arrancou o pasado mes de setembro e continuará ata o 15 de outubro.

Tracking Pixel Contents