Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Ateneo lembra este outubro a Castelao con palestras, poesía e música

O Café Moderno acollerá mañá ás 19.00 horas o encontro «Pontevedra, cidade de Castelao»

Castelao nunha imaxe recollida na biografía de A. Seixas Seoane.

Castelao nunha imaxe recollida na biografía de A. Seixas Seoane.

REDACCIÓN

Pontevedra

En colaboración co Concello, o Ateneo desenvolverá un ciclo de actividades arredor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, no 75 aniversario do falecemento do político, artista plástico, ensaísta, creador literario, «figura esencial á vez icónica e poliédrica da recente historia de Galicia», lembra a oraganización.

Ésta incide en que a relación de Castelao, nado na vila de Rianxo, coa cidade de Pontevedra «foi profunda no emocional, intensa no social e fundamental no político e ideolóxico, dando lugar a cambios radicais nos múltiples eidos que Castelao desenvolveu.

Na palestra «Pontevedra,cidade Castelao», que se celebrará mañá ás 19 horas no Café Moderno, analizarase este vínculo coa Boa Vila da man dos historiadores Miguel Anxo Seixas Seoane e Xosé Álvarez Castro.

O vindeiro 22 de outubro realizarase no Pazo da Cultura un encontro poético-musical, homenaxe á figura replublicana, exilidada e mártir, exemplo dunha Galicia perseguida e masacrada após da asonada militar de 1936. Participarán Malvela, Uxía Senlle, Mondra, Silvia Penas e Samuel Merino, e terá como cabeceira, eixo e leitmotiv a invocación: Irmán Daniel!, que abre o poema do mesmo título que Ramón Cabanillas escribe ao ser sabedor da morte de Castelao no exilio de Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950.

Como peche, o día 29 deste mes celebrarase no Café Moderno a conferencia «Os nacionalismos na guerra civil española: unha visión integrada», impartida por Xosé Manoel Núñez Seixas e na que trararase o papel da confrontación nacional na guerra civil española, tanto de dúas versións irreconciliábeis da nación española, como desas dúas versións e os nacionalismos subestatais (catalán, galego, vasco), ao fío da andaina de Castelao nese periodo.

Tracking Pixel Contents