Falece o nacionalista e ecoloxista pontevedrés José Luís Fontenla
Ademais do seu traballo a prol da lingua, destacou polo seu activismo en Adega

Fontenla, nun acto en 2018. / FdV
José Luís Fontenla Rodrigues (Pontevedra, 1944) faleceu este domingo, 29 de xuño, aos 81 anos.
Trátase dunha figura histórica do nacionalismo galego, fillo de Xosé Luís Fontenla Méndez, militante das Mocidades Galeguistas e da Dereita Galeguista. Pero ademais, foi un dos fundadores da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e o terceiro presidente deste colectivo, entre os anos 1980 e 1982.
Precisamente, dende Adega salientaron onte a través dun comunicado público que o seu falecemento prodúcese cando a asociación cumpre medio século de vida.
«Fontenla foi unha peza crave para alcanzar o apoio internacional de Greenpeace e as autoridades holandesas e británicas», lembra o colectivo respecto dos verquidos radioactivos na Fosa Atlántica. «Tamén estivo ao fronte da loita de Adega contra as primeiras celulosas que ameazaron ao país», engade.
Ademais de ser unha figura relevante no ecoloxismo galego, Fontenla Rodrigues tamén foi o fundador do Partido Galego Social Demócrata (PGSD) durante o franquismo, da Asociación Cultural Amigos de Pontevedra, do semanario A nosa Terra e da editorial SEPT. «Tamén impulsou entidades como a Associação Amizade Galiza-Portugal e Irmandades da Fala dá Galiza e Portugal.
A súa vida estivo adicada á defensa da lingua galega e o seu nacionalismo tiña unha importante orientación demócrata cristiá.
«Que o pobo galego manteña para sempre a memoria do seu compromiso con Galicia», desexa Adega.
O enterro de José Luís Fontenla Rodrigues terá lugar este luns ás 12 horas no cemiterio pontevedrés de San Amaro. Antes, ás 11 horas, celebrarase un acto de despedida no tanatorio Albia.
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La diva del Bronx «re vienta» Pontevedra
- Gran despliegue de medios para sofocar un incendio forestal entre Pontevedra y Marín
- Más de 12 horas de cola para ver a Jennifer López en Pontevedra: «Somos fans suyas de toda la vida»
- Un escenario de 30 metros de boca y 16 de altura, cuerpo de baile, pantallas... Jennifer López ya está en Pontevedra
- Jennifer López enloquece Pontevedra con el concierto más esperado
- Todo preparado para recibir a «la diva del Bronx»