Roteiro histórico por Carracedo

Roteiro histórico por Carracedo  | FDV

Roteiro histórico por Carracedo | FDV

A asociación cultural Carracedo Fala sacou á luz os dous fusilamentos acontecidos nesta parroquia caldense dende xullo de 1936 coincidindo co golpe de estado. Fíxoo durante o primeiro Roteiro Histórico celebrado o domingo e no que participaron arredor de 70 persoas. O historiador e presidente do colectivo, Javier Frieiro, foi o encargado de sinalar que no lugar do Rego do Forno apareceron os corpos de dous descoñecidos en setembro de 1936. «Un morto por hemorraxia interna e outro por disparo de arma de fogo. Dous corpos que se suman aos seis asasinatos rexistrados no concello de Caldas sen xuízo nin sentencia previa», relatou.

Tracking Pixel Contents