O Festival Cine do Mar ábrese hoxe con ‘Prefiro condenarme’ de Margarita Ledo
Recibie o premio honorífico Luz de Faro no Cine Seixo o más antigo en activo de Galicia
REDACCIÓN
A inauguración do II Festival Cine do Mar é hoxe martes ás 19.30 horas coa proxección do filme ‘Prefiro condenarme’, de Margarita Ledo. Neste acto concederáselle á esta cineasta o premio honorífico Luz de Faro. Será no Cine Seixo, o máis antigo en activo de Galicia.
Margarita Ledo Andión, catedrática de Comunicación Audiovisual, escritora, investigadora e cineasta, é unha das figuras máis relevantes das cultura galega das últimas décadas. Entre os seus filmes figuran títulos como ‘Santa Liberdade’ (2004), ‘Liste, pronunciado Líster’ (2007), ‘A cicatriz branca’ (2012), ‘Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra’ (2016), ‘Nación’ (2020) ou ‘Prefiro condenarme’ (2024).
Entre os premios recibidos como cineasta destacan o Premio Nacional de Cine e Audiovisual da Cultura Galega en 2008, o Premio Otero Pedrayo en 2017, o Premio Cineuropa en 2020, o Premio Mulleres en Foco da Deputación de Pontevedra e a asociación CIMA en 2021, o Premio de Honra Fernando Rey dos Mestre Mateo en 2022 e o Premio Pedigrí do Festival de Cans en 2022. A súa película ‘Nación’ recibiu o Premio á Mellor Dirección de Película Española no Festival de Sevilla 2020 e o Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental en 2021.
Desde o Museo do Mar de Marín «animamos a todo o público da vila e da comarca a participar no festival, xa que dentro da súa variada programación, hai filmes e actividades para todos os gustos».
Proxectaranse un total de 36 obras audiovisuais de diferentes nacionalidades e dos máis diversos enfoques, pero co mar como elemento común, dentro das diferentes seccións oficiais e paralelas. E entre as actividades, destacan a Xuntanza mariñeira, a viaxe á Illa de Tambo, un showcooking, tres exposicións ou as mesas redondas.
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- Guardiamarina Borbón, «una más» en el Juan Sebastián de Elcano
- Leonor, hija adoptiva de Marín: «Esta es nuestra casa y nos espera siempre»
- El BigSound «lo peta» y se despide hasta julio de 2026
- Amor del pasado y lujo del presente
- Un adulto y un menor heridos al chocar con una moto de agua contra el puerto de Samieira, en Poio