«O miliario das arxinas»
Unha mostra recolle os proxectos de fin de curso da Escola de Cantería

Asistentes ao acto. | FdV
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou onte a exposición «O miliario das arxinas», unha mostra que recolle os traballos de fin de curso do alumnado de Pedra Natural do Centro Integrado de FP Cantería de Galicia. A exposición poderá visitarse ata o 13 de xullo nas instalacións do propio centro.
A iniciativa ten unha forte carga simbólica de lembranza dos últimos canteiros da vella escola, que deixan a súa pegada para que o seu legado perdure no tempo. Cada estudante estampará no miliario a súa sinatura como marca de oficio e símbolo de continuidade, convidando ás futuras xeracións a facer o mesmo. O nome ‘Miliario das arxinas’ representa a antiga tradición romana de situar columnas cilíndricas nas vías para sinalizar as distancias.
Para o curso 2025-2026 o CIFP Cantería de Galicia ofertará catro titulacións de alta especialización cun total de 96 prazas. Conta cos ciclos de Alta Especialización en Pedra Natural, FP Básica en Reforma e Mantemento de Edificios e FP Dual Intensiva nas especialidades de Construción, Proxectos de Edificación e o novo Ciclo Medio de Escavacións e Sondaxes Dual Intensivo. Trátase de itinerarios formativos deseñados en coordinación co sector produtivo, coa finalidade de dar resposta a perfís técnicos moi demandados.
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- JLo deja una entrada por debajo de lo esperado con 13.500 almas
- El Arzobispado reorganiza las parroquias del municipio en tres grupos por la falta de curas
- Tres exitosos negocios locales tocados por el incendio de la calle Riestra
- Nicky Jam, Juan Magán y Luck Ra abren el Bigsound en Pontevedra
- Los reyes se reencuentran con Leonor en los actos del Carmen en la Escuela Naval de Marín