Barro celebra hoxe o Festival de Corais no Pazo da Crega

REDACCIÓN

Barro

O Pazo da Crega acolle hoxe ás 20.30 horas unha nova edición do Festival de Corais de Barro, que este ano celebra a súa vixésimo primeira edición cun cartel variado e de calidade. Participan a Coral Polifónica de Caldas de Reis, a Coral A Barcarola de Pontecesures, a Coral Voces Fornelenses de Fornelos de Montes e a anfitroa e organizadora do festival, a Coral Polifónica de Barro. A organización prevé acoller ao redor de 200 persoas, entre participantes e público, nun espazo como o Pazo da Crega, o que consolida este evento como unha cita sinalada no calendario cultural.

Tracking Pixel Contents