Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Na Boa Vila báilase

Obradoiros e un gran macoencontro na Ferraría convidarán este verán aos galegos e turistas a disfrutar das nosas danzas e música

«Aquí báilase» está aberto a todas las idades e niveis de formación.

«Aquí báilase» está aberto a todas las idades e niveis de formación. / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Pontevedra

«Aquí báilase» é o título do novo programa que suma Pontevedra nas festas da Peregrina. Culminara cun macoencontro de bailaríns o 18 da agosto na praza da Ferraría que xuntará a afeccionados, mestres e profesionais de toda Galicia, nunha celebración conxunta da nosa cultura.

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, encabezou na mañá deste mércores a presentación do programa e fixo un chamamento aos bailadores de todo o país «e aos que aínda non o somos» para rematar as festas ao grande, convertendo a céntrica praza no maior espazo de baile de Galicia.

Será, avanzou, «unha grandísima festa pensada para bailar as nosas danzas tradicionais» e poñer o ramo á semana central de celebracións en Pontevedra.

Principiará ás 19 horas cun obradoiro no que veciños e turistas poderán familiarizarse cos pasos básicos e xa ás 21 horas comezará a actuación da Asociación Cultural Traspés, referente en Galicia, con pandereteiras e gaiteiros dos grupos de este colectivo.

«É importante ter este tipo de grupos neste proyecto porque eles están acostumados a que nos seráns a xente baile as súas pezas, que son xotas, muiñeiras, que é o que básicamente imos fomentar para que todo o mundo baile e cando se achegue a un serán poida participar», sinalou Conchi Pereiro, da Asociación Trépia.

Obradoiros no Burgo, O Gorgullón e o Mercado

Esta conta coa colaboración do Concello para desenvolver «Aquí báilase», que ademais desa festa que se prevé multitudinaria desenvolverá esté verán obradoiros nos que os interesados poderán iniciarse ou perfeccionarse nos bailes galegos.

Os obradoiros están abertos a todos os interesados, independentemente de que sexan principiantes ou veteranos ou da súa idade. Desenvolveranse o 12 do vindeiro mes de xullo no Burgo, o 26 no Gorgullón e o 9 de agosto no Mercado. Recoñecidos mestres de distintas asociacións galegas ensinarán os pasos básicos, e a organiación convida a «acudir sen medo» para axudar asi a divulgar a nosa cultura tradicional.

Tracking Pixel Contents