Manuel Torres, o renovador descoñecido

Unha xornada repasou a vida e obra do pintor marinenses, á altura de Colmeiro ou Laxeiro

Acto de onte no Museo Torres de Marín.

Acto de onte no Museo Torres de Marín. / Rafa Vázquez

Marín

Acostumado a figurar sempre no último lugar desa relación de pintores da mellor xeración da plástica galega, a coñecida como Os Renovadores, que nos anos trinta do pasado século incorporaron as achegas das vangardas históricas á nosa pintura, Manuel Torres converteuse onte no protagonista dunha xornada que, dentro do ciclo ‘Revisando a nosa arte’, revisou a súa traxectoria que no creativo, pode situarse a carón de Laxeiro, Colmeiro, Souto e Maside.

Da man do Consello da Cultura Galega a xornada contou con varios relatores, que centraron as súas conferencias en distintos momentos da vida de Torres, analizando o contexto social, político e económico e como este tivo a súa pegada no seu desenvolvemento artístico. Foros Carlos L. Bernández, Ramón Rozas, Antón Sobral e Ángeles Tilve. Carlos L. Bernárdez falou dese contexto tan definido polas circunstancias históricas e sociais, así como nas conquistas pictóricas e miradas singulares de cada un dos compoñentes dese movemento renovador. Ramón Rozas deteuse polo miúdo na figura de Manuel Torres, tanto no creativo como no vital, e en de que maneira todo ese tempo se asume como un exilio interior en Marín. Rematou a xornada, no Museo Manuel Torres de Marín, unha mesa redonda cos dous primeiros relators máis Antón Sobral, pintor de Marín cunha relación persoal co propio Manuel Torres, e Ángeles Tilve, directora do Museo de Pontevedra, onde se gardan varias das súas pezas artísticas máis relevantes.

Manuel Torres (Marín, 1901-1995) é o protagonista dunha longa traxectoria pictórica na súa terra, e o mar e as tarefas vencelladas foron motivos permanentes na súa obra tanto no aspecto físico do territorio como no aspecto humano.

Tracking Pixel Contents