Unhas xornadas repasan a vida e obra do pintor Manuel Torres

REDACCIÓN

Marín

A figura do pintor marinense Manuel Torres será posta en valor da man do Consello da Cultura Galega, cunha xornada na que redescubrir a súa obra, que se celebrará o 17 de xuño de 17.00 a 20.00 horas. Enmárcase dentro do ciclo «Revisando a nosa arte» e ten por obxectivo poñer en valor e revisitar a traxectoria creativa do pintor marinense.

Na xornada participarán varios relatores, que irán centrando as súas conferencias en distintos momentos da vida de Torres, analizando o contexto social, político e económico e como este tivo a súa pegada no seu desenvolvemento artístico.

Un deses relatores será Carlos L. Bernández. Despois intervirá Ramón Rozas e rematará, cunha mesa redonda á que se incorporarán, ademais dos dous relatores, Antón Sobral e Ángeles Tilve.

Tracking Pixel Contents