Os Sete Falares pon en marcha a súa edición máis internacional

O Sete Falares máis internacional na narración oral | RAFA VÁZQUEZ

O Sete Falares máis internacional na narración oral | RAFA VÁZQUEZ

Sete Falares xa está en marcha despois da inauguración do domingo coas narracións orais de doce contadores chegados de Galicia, Bretaña, Uruguay, Euskadi, Brasil, Colombia ou Alicante ata o domingo. Os Xardíns de Marescot acolleron onte a Caxoto, e hoxe, no mesmo lugar, está Charo Pita. Mañá, no Teatro Principal intervén Soledad Felloza. Todos son ás 20.00 horas. O xoves haberá dúas sesións: ás 18.00 horas no Paraninfo do IES Valle Inclán con Avelino González, e ás 20.00 no Principal con Iñaki Carretero, Léla Mayer e Nelson Calderón.

Tracking Pixel Contents