Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Alumnos do CEIP da Laxe recollen refugallos na praia de Portocelo

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

REDACCIÓN

Marín

A Asociación de Pesca Deportiva Ría de Marín organizou un ano mais unha xornada de educación ambiental cunha parte do alumnado do CEIP da Laxe. A actividade, na que participaron 24 nenos e nenas e 15 adultos, fíxose co apoio do Plan Social de Ence e desenvolveuse na praia de Portocelo, onde os pequenos fi xeron unha recollida de lixo, a pesar de que neste momento as praias xa se atopan en bo estado pola propia limpeza contratada a nivel municipal para esta época do ano.

Ata o areal marinense desprazouse a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, que felicitou aos rapaces e rapazas polo seu compromiso co medio ambiente, así como aos membros da asociación organizadora, «cos que sempre se pode contar como uns aliados boísimos para o coidado do noso entorno».

Tracking Pixel Contents