Nace o Premio Castelao de Textos Teatrais para «promover o talento da provincia»
Está dotado con 12.000 euros para obras de teatro inéditas escritas en galego
REDACCIÓN
A Deputación pon en marcha a primeira edición do Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación, «unha iniciativa que lanzamos no ano no que conmemoramos o 75 aniversario do falecemento desta figura central da cultura e da identidade de Galicia, que ten no Museo de Pontevedra un repositorio inmenso do seu legado, e que nos vai permitir promover o inmenso talento e potencial literario da nosa provincia», segundo o presidente Luis López. Trátase dun único premio, dotado con 12.000 euros e poden presentarse aquelas persoas maiores de idade que presenten obras de teatro escritas en lingua galega de acordo coa normativa da Real Academia Galega, cunha extensión máxima de 200.000 caracteres. As obras deben ser inéditas, total ou parcialmente, non poden ter recibido ningún premio en outros certames, nin ser levadas a escena. As propostas serán anónimas e o prazo de presentación dos traballos pecharase o 31 de outubro de 2025.
- El cierre de varios comercios modifica de nuevo la «milla de oro» de la ciudad
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Foni Díaz: «La parte mala ya pasó, la de la incertidumbre; queda la experiencia»
- Ensayo de asalto en plena ría
- Rescatan a una nonagenaria en Poio que llevaba tres días tirada en el suelo de su casa
- Sorteados 74 pisos públicos en Pontevedra: «Llevaba doce años esperando; es una nueva vida»
- Más de 400 obras y 101 días de «explosión cultural», propuesta de la 32 Bienal de Arte
- Un taller para cuidar a quien más cuida