Portonovo acolle a Regata do Sepelo de dornas a vela

Como cada mes de xuño, a Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo celebra mañá sábado a 16ª Regata do Sepelo, que terá a súa saída ás 16:30 horas dende o peirao de Portonovo. Trátase da primeira regata que forma parte da cuarta edición da Copa Mörling, que é o campionato galego de dornas a vela. A organización prevé unha gran participación, con entre 20 e 25 embarcacións chegadas dende diferentes portos das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Para os gañadores da competición haberá cinco galardóns.

Tracking Pixel Contents