Poio abre a inscrición do campamento teatral infantil sobre Castelao

REDACCIÓN

Poio

Tras o éxito de «Poio Sesións» no pasado ano, iniciativa centrada na creación musical para a mocidade, o Concello de Poio presenta este verán unha nova proposta cultural dirixida á rapazada de entre 7 e 12 anos: «Teatreirxs», un campamento teatral que se celebra do 23 ao 27 de xuño, coincidindo co remate do curso escolar.

Nace co obxectivo de achegar o mundo do teatro ás nenas e nenos participantes desde unha perspectiva integral, que vai máis aló da interpretación. O campamento desenvolverase en horario de 9.30 a 13.30 horas. As inscricións abriranse o mércores 11 de xuño, ata completar as 15 prazas dispoñibles. É unha actividade gratuíta e conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra, a través das iniciativas para dinamizar a lingua galega e será desenvolta pola compañía Leucoíña Pasea, en colaboración co Concello de Poio.

Tracking Pixel Contents