O Pazo da Cultura acolle o sábado a entrega dos premios Mil Primaveras

Anxos Sobriño e Demetrio Gómez, onte. | FdV
REDACCIÓN
Os Premios Mil Primaveras, creados en 2019 pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), pechan o vindeiro 7 de xuño a súa sexta edición, convocada en 2024, co acto de entrega de galardóns en Pontevedra. Estes premios teñen como finalidade valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos cuxo obxectivo principal é o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio.
Os Premios Mil Primaveras non teñen dotación económica, senón que consisten no recoñecemento e na difusión das accións, programas ou proxectos escollidos polo xurado. Con este motivo organizase un acto público de entrega de premios, o sábado ás 11.30 horas, no Pazo de Cultura, e que conta coa colaboración do Concello e da Deputación.
No acto de entrega, presentado onte polo concelleiro de Normalización Limgüística, Demetrio Gómez, e Anxos Sobriño, representantes de coordinadotra, recoñeceranse os catro proxectos escollidos na edición convocada no pasado outono: Brazolinda (unha iniciativa empresarial de creación de xogos de mesa en galego), Galego para peques (un proxecto audiovisual dirixido á primeira infancia), Modo galego, actívao! (un programa integral de dinamización lingüística en diferentes ámbitos desenvolvido polo Concello de Ames e a Real Academia Galega) e Vitamina G (unha iniciativa educativa do CEIP Sagrada Familia da Coruña co galego como factor de integración e cohesión social).
A entrega destes premios é un evento público, de acceso libre ata completar a capacidade da sala e o acto será conducido por Atenea García, actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Os catro proxectos premiados recibirán un diploma e un trofeo identificativo dos VI Premios Mil Primaveras (2024), que consistirá nunha peza artística elaborada por Coas Mans Artenanía.
- Prisión sin fianza para un sexto implicado en la pelea de Barcelos
- Sufre la amputación parcial de una mano por la hélice de un parapente tras aterrizar en Poio
- Abel Losada: «No se puede proteger a quien no está dispuesto a que le protejan»
- El ADN confirma que los cuerpos calcinados en Campo Lameiro son los de la pareja desaparecida en Moraña
- «En diez días la unidad multinacional está desplegada lista para actuar»
- Las fiestas de San Xoán reunirán en seis días a ocho de las mejores orquestas de Galicia
- El alcalde de Moraña, sobre los fallecidos en Campo Lameiro: «Trasladamos el pesar a la familia en estos momentos difíciles»
- Moraña declara luto oficial exactamente igual por ambos muertos de Campo Lameiro pese al historial violento de él