A Carreira Carmiña volverá a percorrer o litoral de Marín con cerca de 400 inscritos

Será o domingo cun percorrido de 10,6 quilómetros desde Lapamán

Presentación da cita. |  FdV

Presentación da cita. | FdV

REDACCIÓN

Marín

A fachada litoral de Marín volverá ser protagonista da Carreira Carmiña, nunha cuarta edición que suma deporte, turismo e cultura e que xa é unha data asentada no calendario dos afeccionados ao running. A alcaldesa, María Ramallo e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentaron xunto ao organizador do evento, Víctor Riobó, esta carreira desde o miradoiro da Barriada de Mogor, unha das praias e das zonas polas que pasa o percorrido da proba.

Con case 400 persoas anotadas, a carreira sairá o domingo ás 10.00 horas desde a Praia de Lapamán, pasando por todo o resto de areais do noso municipio até chegar finalmente ao paseo marítimo. En total, o percorrido terá unha distancia de 10,6 quilómetros e transcurrirá por toda a costa. A maiores, ás 10.30 horas será a saída da Mini-Carmiña, que constará duns 5.400 metros e que terá saída desde o Náutico de Aguete.

Tracking Pixel Contents