O Correlingua tomará mañá as rúas de Pontevedra
Contará con máis de 1.000 participantes

Participantes nunha anterior edición do Correlingua. / Gustavo Santos
S. R.
A 25 edición do Correlingua tomará mañá as rúas de Pontevedra con máis de 1.000 participantes e baixo o lema 'A mocidade activa por unha lingua viva'. A cidade do Lérez pechará o percorrido do evento, que estivo con anterioridade e Ferrol e Lugo.
Un total de 14 centros de educación infantil, primaria e secundaria de Pontevedra e parroquias participarán no programa de actividades, que botará a andar ás 10.30 horas na Alameda. Formarán parte do evento outros 9 centros chegados de Poio, Pontecaldelas, Vilaboa, Barro, Portas, Caldas, Meis, Ribadumia e O Grove.
Hai deseñados dous percorridos pola cidade en función da idade da rapazada participante e está prevista a actuación dun dos grupos gañadores do concurso Cantalingua, Os John Deeres.
Dereito a medrar en galego
Esta proposta de carácter lúdico e educativo convida ao alumnado dos centros de ensino a reivindicar o dereito a medrar en galego, participarán máis de 1.000 alumnos de 23 centros de ensino infantil, primario e secundario de Pontevedra (CEIPs Praza de Barcelos, Manuel Vidal Portela, San Martiño, Santo André de de Xeve, Daría González e Parada de Campañó, CEP Marcos da Portela e Campolongo, IES A Xunqueira 1, Luis Seoane, Frei Martín Sarmiento e Sánchez Cantón, CEEPR Amencer Aspace e CEE Pontevedra) e contorna (CPI de Meis, Julia Becerra Malvar de Ribadumia e Domingo Fontán de Portas e Toural de Vilaboa, o CEIP de Viñas en Poio e os IES Pontecaldelas, Barro, Aquis Celenis de Caldas e As Bizocas en O Grove).
Entre ás 10.30 h e as 13.00 h a rapazada agrupada na Alameda realizará, segundo a súa idade, un percorrido pola cidade. De regreso, cara as 11.35 horas, terá lugar a lectura do manifesto elaborado polos IES participantes nos obradoiros 2024 Desata a lingua, impartidos polas escritorias María Lado, Ana Carreira e Lucía Aldao.
A continuación, os participantes poderán gozar da actuación musical.
- Consulta las notas de la PAU 2025 en Pontevedra
- Abel Losada: «No se puede proteger a quien no está dispuesto a que le protejan»
- Investigan por seis agresiones sexuales a menores a un joven monitor de la piscina de Marín
- Prisión sin fianza para un sexto implicado en la pelea de Barcelos
- Moraña declara luto oficial exactamente igual por ambos muertos de Campo Lameiro pese al historial violento de él
- La muerte de la pareja calcinada en Campo Lameiro, investigada como posible crimen machista
- La Guardia Civil denuncia a 67 conductores con motivo del Rallye de Pontevedra
- Polémica por la procesión del Corpus de Pontevedra: el Gremio de Mareantes renuncia a participar