Entrevista | Pedro Lamas Gaiteiro, autor da ópera «O subterráneo marabilloso»
«Wenceslao Fernández Flórez non acabou de gozar do lugar que merece»
En xuño de 2026 estrearase na Coruña a ópera «O subterráneo marabilloso». Un total de 45 artistas xuntan talentos nesta proposta que quere ser a primeira ópera holística (fusión de danza, cinema, literatura e unha experiencia inmersiva), feita en Galicia e que Pedro Lamas presentou ao diputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, para incluila no calendario cultural de Pontevedra

O músico e compositor Pedro Lamas. / E. Meruéndano.
—Esta é unha ópera inspirada na obra de Wenceslao Fernández Flórez…
Así é. O Bosque Animado que escribiu é unha referencia ineludible non só en en Cecebre, de onde eu son, senón en Galicia, en España, é unha obra de moi importante da literatura universal, non sempre ben coñecida. E neste caso quixen afrontar o último capítulo do libro, que se chama O subterráneo marabilloso. E nas moitas adaptacións que houbo do libro de Wenceslao, colléronse diferentes estancias, que é como el lle chama aos capítulos do libro, pero nunca se tocara este último capítulo no que o protagonista, Xeraldo, ten a desgracia de perecer, caendo nun pozo no que se lle abren as portas a un mundo subterráneo, no que o acolle unha unha deidade que lle di «Benvido a este subterráneo marabilloso». Colmao cun montón da felicidade e o amor que lle foi negado a el como labrego en vida. Entón, aí ten ao seu alcance o amor de Hermelinda, que non era correspondido en vida. É unha ensoñación na cal o autor ven a dicir que ata o máis sufrido dos labregos, no último trance vital, ten dereito a unha felicidade que lle colme un pouquiño por todos eses pesares que tivo que aturar en vida.
—Procede vostede do mundo da música tradicional
Así é, son gaiteiro, formeime na música tradicional, fixen estudos de gaita no Conservatorio Superior de Santiago, e en jazz-saxofón no Conservatorio de Música da Coruña. Tamén creei a Orquestra de Jazz de Galicia con Roberto Somoza e outros proxectos de envergadura como Nova Galega de Danza.
—Por qué decidiu escribir esta ópera?
Decidín escribir algo persoal que me tocase un pouquiño máis na fibra, por un lado tiña a referencia ineludible de Cecebre, o Bosque Animado, de Fernández Flórez, e ademáis ese último capítulo serviume de dalgunha maneira para poñer á miña nai, que falecera uns meses antes, no centro da miña creatividade, é dicir, a perda dun ser querido asumindo que ao mellor esa perda, pois para ela, aló onde estea, significou atoparse cunha felicidade maiúscula. A min ese capítulo de algún xeito me reconfortou.
Ese último capítulo serviume de dalgunha maneira para poñer á miña nai, que falecera uns meses antes, no centro da miña creatividade, é dicir, a perda dun ser querido asumindo que ao mellor esa perda, pois para ela, aló onde estea, significou atoparse cunha felicidade maiúscula. A min ese capítulo de algún xeito me reconfortou
—Sinala que tamén era importante que a ópera fose en galego
Decidín facer a ópera en galego, tomando como base a tradución de Xela Arias Castaño, que fixo a tradución do Bosque Animado en 1987. En Cecebre falamos en galego e polo tanto as intervención dos personaxes deste capítulo, que son Xeraldo o Poceiro, unha deidade que o recibe e Hermelinda, todas esas intervencións son en galego, para min en consonancia co idioma que Wenceslao escolleu cando escribiu o libro. Escribiu o libro en castelán como a maioría da súa produción literaria, pero non toda, porque foi o o primeiro autor que publicou a Editorial Galaxia. Estaba moi comprometido coa causa.
Foise creando unha pequena bola de neve que foi collendo impulso e agora mesmo estou barallando e en conversas para que a ópera xa non só se represente en Galicia, senón tamén en Nova York
—Está suficientemente recoñecido Wenceslao Fernández Flórez?
Fernández Flórez non está suficientemente reivindicado, seguramente porque á xente que lle gustaría que esa produción fose en galego non o abraza claramente. Foi un personaxe que non acabou de gozar do lugar que merece. Penso que sí que hai que reivindicar a figura de Wencelao Fernández Flórez, que a súa calidade e o respecto que ten por parte de todas as entidades culturais en calquera vertente é incuestionable, é admirado por todos en público e en privado, pero non se aborda con moita frecuencia a súa obra. Eu puxenme en contacto cos herdeiros de Wenceslao e saben que teño este cariño por poder poñer Cecebre unha vez máis no mapa, apoiándome na súa obra e arredor un pouquiño desta primeira idea de traballar con estes mimbres sentimentais, de traballar coa cuestión local, de eu ser de alí, de sentirme moi ben reflexado mesa obra e no que ela relata: as vivencias dos veciños, a cuestión de que os animais e as persoas son un mesmo un mesmo ecosistema, que incluso poden dialogar entre eles.
—Como está medrando o proxecto?
A partir de aí empecei a poñer esta idea miña en coñecemento de moita xente que coñezo dende hai anos, como a Nova Galega de Danza, a Orquestra de Cámara de Galicia, e algúns cantantes líricos galegos que están agora a triunfar fóra como Lucas López e Jorge Trillo, a cantante Carmen Rey, a artista multidisciplinar Laura Iturralde ou o director teatral José Luis Prieto. Dixeronme que isto hai que levalo adiante, e foise creando unha pequena bola de neve que foi collendo impulso e agora mesmo estou barallando e en conversas para que a ópera xa non só se represente en Galicia, senón tamén en Nova York. É o proxecto persoal máis ambicioso que nunca me atrevín a afrontar e conto co empuxe que me están dando institucións como a Fundación ONCE. Tamén medra co apoio dos concellos das principais cidades de Galicia, as deputacións, cos que xa tiven ocasión de reunirme e que tamén queren que isto sexa unha realidade. E eu ao sentir todo este apoio, sei que teño que dar un paso á fronte e defender que se poida desenvolver con éxito e con profesionalidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- Consulta las notas de la PAU 2025 en Pontevedra
- Abel Losada: «No se puede proteger a quien no está dispuesto a que le protejan»
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro
- Investigan por seis agresiones sexuales a menores a un joven monitor de la piscina de Marín
- Detenido en Lleida el principal autor de la brutal pelea de Pontevedra
- Un hogar longevo que ya suma 268 años
- Polémica por la procesión del Corpus de Pontevedra: el Gremio de Mareantes renuncia a participar
- Un pontevedrés, atrapado en la capital de Irán tras anularse su vuelo de salida