Conta atrás para a gran cita da Boa Vila coa banda deseñada

A Ferraría acollerá a partir do xoves o festival Bdra Gráfica

Cartel do festival.

Cartel do festival. / FdV

S. R.

Pontevedra

O vindeiro xoves, día 22, comezará na praza da Ferraría Bdra Gráfica, o festival de banda deseñada que promove o Concello de Pontevedra e que, ademáis de venda de cómics e material de debuxo, proporá conferencias, presentacións de obras, exposicións, cinema e obradoiros para profesionais.

Entre os convidados, o autor actual de Corto Maltés, Rubén Pellejero, que será o homenaxeado nesta terceira edición do festival e que recibirá o premio Bdra Gráfica.

Na céntrica praza repartiranse as 24 casetas de venda de librarías e editoriais. Nesta carpa da Ferraría tamén se celebrarán as sesións de sinaturas e as charlas cos autores convidados. Nesta ocasión daranse cita na Boa Vila Aldara Prado, Javi Rodríguez (proposto aos premios Eisner 2025 por Zatanna: Bring Down the House), Javi Rey, Paula Mayor, Jaime Martín, Alicia Jaraba, Miguelanxo Prado, Teresa Valero , ademáis de Rubén Pellejero, ata sumar un total de 24 creadores.

Tamén están previstas distintas exposicións repartidas en espacios emblemáticos da cidade. Corto Maltés, de Rubén Pellejero, inaugúrase o xoves ás 18 horas na Fundación Moldes, onde se poderá ver até o 1 de xuño.

Entre os convidados, o autor actual de Corto Maltés, Rubén Pellejero, que será o homenaxeado nesta terceira edición do festival e que recibirá o premio Bdra Gráfica

Pola súa banda, Historia da BD en 40 orixinais é unha exposición do coleccionista e divulgador de cómic Jaume Vaquer, que fai un percorrido histórico con 40 orixinais nas que amosan algunhas das principais figuras da banda deseñada. Estará na Casa Consistorial e ao igual que a anterior poderá visitarse ata o 1 de xuño.

A idea do cómic é unha exposición que se situará no paseo de Odriozola na que os autores convidados amosan os seus métodos de traballo. É unha oportunidade para descubrir as distintas maneiras de facer unha banda deseñada paso a paso. Abrirá na Ferraría acompañando á feira.

Contrapaso, Mayores con reparos, de Teresa Valero, amosa o proceso de creación da nova entrega de Contrapaso. Exhibirase no espazo Nemonon até o vindeiro 1 de xuño; e no Teatro Principal poderá verse a mostra do VI Premio «O Garaxe Hermético» 2025 Angi Roa (Xerais) e a miña outra vida de Miguel Rojo.

Tracking Pixel Contents