Unha comarca volcada co seu idioma
Os concellos organizaron diferentes eventos para festexar o feito de ter unha lingua propia | En Sanxenxo homexaseouse aos grupos tradicionais e entregaronse os premios do Certame Literario Os Picariños

O Concello de Sanxenxo organizou un acto no Pazo Emilia Pardo Bazán coas agrupacións. | FdV
O Día das Letras Galegas, adicado este ano ás cantareiras e a poesía popular oral, foi celebrado nos diferentes concellos da comarca de Pontevedra con actos e actividades nas que se quixo involucrar a toda á cidadanía. No caso do Concello de Sanxenxo, homenaxeouse aos seus grupos de música tradicional: Os Gatiños, Abiñadoira, Soalleira, Lembranzas, Airiños e Os Cruceiros. O acto central tivo lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán, onde se puxo en valor o labor que levan realizando estes colectivos locais ao longo de décadas. Previamente, lembrouse a traxectoria e legado das cantareiras do municipio.

Público asistente ao acto no auditorio Emilia Pardo Bazán. | FdV
«Para min é un pracer celebrar con todos vós unha das datas máis significativas da nosa cultura: o Día das Letras Galegas. Un día no que honramos a nosa lingua, ao noso patrimonio e a aquelas persoas que dedicaron a súa vida a enriquecelo coa palabra, coa escrita, coa poesía e coa música», asegurou o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín.

Cantareiras de Regodobargo, en Ponte Caldelas. | FdV
«Este 17 de maio non é só unha data. É unha chamada ao corazón da nosa identidade como galegos. O galego é unha lingua viva, moderna, capaz de dicir todo, de cantar, de rir e de loitar. É unha lingua que debe unirnos como pobo. Así que, neste Día das Letras Galegas, celebremos con orgullo o que somos», afirmou.

Entrega de premios Os Picariños en Sanxenxo. | FdV
Poesía e narrativa

Homenaxe ás cantereiras de Barro de Arén, Cotobade. | FdV
O municipio celebrou previamente a entrega os premios do Certame Literario Os Picariños Mestre Hermidas 2025 por parte do Círculo Cultural Deportivo e o Concello de Sanxenxo. Recoñecuse a alumnas e alumnos de Primaria, divididos por idades en tres categorías e estilo compositivo de poesía ou narrativa literaria.
Os gañadores foron Olivia Sanmartín, Paula Nielfa, Luhana González, Enrique Gondar, Cayetana Martínez, Alba Fernández, Miguel Rea, Iria Falcón, Sara Padín, Vera Tejedor, Alba Pérez, Nora Padín, Alenka Czarnecka, Alba Pérez e Iker Gondar.
O acto celebrouse na Praza do Pazo, ao que asistiron, entre outros, a concelleira de Cultura, Elena Torres; a de Educación, Natividad Parada, e o presidente do CCD Sanxenxo, Francisco Hernández.
A música, a protagonista absoluta
Vilaboa celebrou o 17 de Maio cunha homenaxe a Felicia de Fofe, cantareira afincada en Paredes, nun acto na Casa de Cultura de Riomaior. Despois houbo unha actividade con Polo Correo do Vento sobre as cantareiras.Na Azucareira de Portas a Banda de Música Unión de Lantaño ofrecou o seu concerto das Letras Galegas, con pezas tradicionais.O Concello de Cerdedo-Cotobade homenaxeou ás Cantareiras de Barro de Arén e o de Ponte Caldelas ás de Regodobargo, Chaín e Forzáns.As celebracións continúan hoxe nalgúns municipios. É o caso de Moraña. O Curro de Amil acollerá o concerto das Letras Galegas con máis de cen músicos. Ademais, plantaranse árbores autóctonas no Monte de Acibal, en colaboración coa Xunta de Montes de Perdecanai.
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Sorteados 74 pisos públicos en Pontevedra: «Llevaba doce años esperando; es una nueva vida»
- Una mujer agrede a un guardia civil tras una fuga temeraria en un coche robado por Pontevedra
- El pontevedrés que quedó atrapado en Irán ya pudo salir del país: «Estamos en Armenia»
- El cierre de varios comercios modifica de nuevo la «milla de oro» de la ciudad
- Ensayo de asalto en plena ría
- Muere Manuel Lozano, de la familia propietaria de la plaza de toros de Pontevedra
- La Guardia Civil hizo 150 intervenciones con la mujer fallecida en Campo Lameiro