Compromiso coa nosa identidade
Marín, posicionada nesta fin de semana como Vila do Libro, e Poio reclamaron onte o compromiso de todos para que o galego siga medrando e creando. Os dous concellos celebraron actos institucionais, entregas de premios e relatorios, nunha xornada na que tiveron especial protagonismo os máis novos.

Enriba e á dereita: festival Marín Vila do Libro. Sobre estas liñas e abaixo: acto no Xaime Illa de Raxó. | FdV
S. R.
Os contacontos, un concerto das Chaneiras o obradoiros de encadernación deron onte a benvida aos participantes no festival «Marín Vila do Libro», que busca ser en adiante un escaparate da cultura galega arredor do Dí a das Letras. Na súa xornada central, desenvolveu un amplo abano de actividades centradas na traducción, o cine ou a música.

Compromiso coa nosa identidade
A praza do Reloxo foi o escenario do acto institucional, no que a poeta, escritora, divulgadora e «resitadora» Nuria Vil recibiu o premio do XVIII Certame de Narración Curta de mans da alcaldesa, María Ramallo.

Compromiso coa nosa identidade
Non faltaron unha mesa redonda sobre a figura do poeta e traductor Josep M. Llompart, que levou ao catalán a poética de Martín Códax no século XX, nin dous recitais poéticos de Richard Pazos, a asociación Céltica, Fran Fernández (gañador do certame de poesía do ano pasado) e con Tamara Andrés.

Compromiso coa nosa identidade
María Casares, a galega mito do cine francés, e o escritor Manuel Vázquez Montalbán, que tendeu pontes entre Galicia e Cataluña, foron outros dos protagonistas da man, respectivamente, de Sabela Hermida e Sebastià Benassar.
O Día das Letras concluiu na Igrexa Vella co concerto da Coral do Centro Sociocomunitario da vila, a Coral Ondas do Mar de Vigo e o Coro Liceo de Navia.
O outro epicentro do Día das Letras en Marín fou a praza da Veiguiña, con actuacións, recitais, proxeccións, xogos e sorteos nun espazo público recuperado para a cultura viva e popular.
A Asociación Cultural Almuinha e o colectivo Mocidade polo Cambio celebraron esta segunda edición do festival, que fixo das cantareiras, ás que este ano a Real Academia Galega adica o Día das Letras, o seu centro simbólico.
Así, entre as actuacións destacadas figuraron as Pandereiteiras da Veiguiña, un grupo de mulleres de Marín que «está a recuperar ritmos e danzas tradicionais desde a base comunitaria e o feminismo popular», sinala a organización.
Coa canción tradicional, o outro fío conductor foi a poesía, intercalaa entre as actuacións musicais.
E ademáis de convidar a observar e escoitar, a festa propuxo ao público un xogo con pistas, preguntas e retos par aactivar a memoria colectiva sobre os sínbolos, a lingua, a historia e a cultura.
Tamén Poio aproveitou o día grande da nosa lingua para reclama r o compromiso de todos e que o galego siga «soando, creando e medrando», sinalou o alcalde, Ángel Moldes.
O rexedor exerceu de anfitrión do acto institucional que se celebrou no Centro Cultural Xaime Illa.
No acto fíxose entrega dos premios da XXXIII edición do Concurso Literario Xaime Illa, impulsado pola SCD Raxó e na que participaron uns 120 traballos de distintos concellos galegos e de Madrid.
A celebracion tamén contou en Poio coa participación de Xosé Luis Pastoriza, doutor en Filosofía e investigador que amosou, dun xeito moi lúdico, didáctico e participativo a figura, obra e curiosidades sobre Xaime Illa.
As Letras Galegas, lembrou o alcalde, son unha oportunidade para celebrar «a nosa lingua, a nosa literatura e a nosa identidade como pobo» e puxo en valor as cantareiras como figuras chave na transmitión desa identidade. Así, en Raxó tamén soou a voz e a música das cantadoras, neste caso das cantareiras do Ronsel.
- Foni Díaz: «La parte mala ya pasó, la de la incertidumbre; queda la experiencia»
- Ensayo de asalto en plena ría
- Rescatan a una nonagenaria en Poio que llevaba tres días tirada en el suelo de su casa
- Un vecino sufre quemaduras graves al incendiarse una pila de leña en Cuntis
- El Catastro contabiliza 131 propietarios en el municipio que poseen más de cinco viviendas
- Más de 400 obras y 101 días de «explosión cultural», propuesta de la 32 Bienal de Arte
- Un taller para cuidar a quien más cuida
- Sanxenxo permite hogueras de San Juan en tres playas urbanas, entre ellas Silgar