Sanxenxo homenaxea aos seus grupos tradicionais

Tamén entregará os premios do XXII Certame Os Picariños

Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo homenaxeará hoxe polas Letras Galegas aos seus grupos de música tradicional: Os Gatiños, Abiñadoira, Soalleira, Lembranzas, Airiños e Os Cruceiros. Durante o acto, que terá lugar ás 18 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán, poñerase en valor a labor que levan realizando estes colectivos locais, que tamén actuarán.

Previamente, lembrarase a traxectoria e legado das cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama de Cerdeda; Eva Castiñeira Santos de Muxía e das integrantes das Pandereteiras de Mens Malpica (Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda). O cantautor Manoele de Felisa tamén actuará cunha canción adicada as cantereiras.

A xornada comezará ás 12 horas, na Praza do Pazo, coa entrega de premios do XXII Certame Literario Os Picariños, Premios Mestre Hermida, organizado polo Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo. Actuará Acordeireta.

Tracking Pixel Contents