O Ano Castelao máis participativo

Quince entidades colaboran co Concello na programación dedicada ao galeguista

Representantes das entidades participantes, ante a estatua de Castelao.

Representantes das entidades participantes, ante a estatua de Castelao. / Rafa Vázquez

Pontevedra

O edil de Normalización Lingüística Demetrio Gómez presentou onte acompañado dunha ampla representación de entidades e empresais locais implicadas no proxecto, a imaxe e a programación cultural do Ano Castelao.

As actividades, que xa botaron a andar cos relatorios organizados por Maiolongo e Vía Galega no Café Moderno, estarán concentradas nos meses de maio e xuño principalmente máis extenderanse ata finais de ano. O 7 de xaneiro de 2026 terá lugar o acto insticucional de peche do Ano Castelao logo de ter levado a cabo máis de 20 propostas de diversa natureza e dirixidas a todos os públicos.

Faladoiros, roteiros, contadas para cativada, mocidade, etc. formarán parte desta programación «feita pola veciñanza de Pontevedra que, aínda non está completamente pechada», segundo sinalaba o concelleiro.

«Hai uns meses o Concello fixo un chamamento á veciñanza de Pontevedra para celebrarmos entre todas e todos o Ano Castelao e a recepción foi excelente» coa resposta de Maiolongo, Vía Galega, O Mirador, PoloCorreo do Vento, Cedofeita, Salcedo Norte, Casa Verde, Os de Algures, Sete Espadelas, Ateneo, Migallas, Montse Fajardo, AS-PG, SAGA, a Polifónica e Rei Zentolo.

A programación «non buscaba tanto facer unha programación distinta como incluír a Castelao nas nosas programacións. Temos actividades de moi diferente corte. Por unha banda quixemos reflexionar sobre o pensamento de Caselao. Aí entra a colaboración con Maiolongo, Vía Galega e outras». En achegar a figira do galeguista á mocidade e infancia faise con Migallas e Polo Correo que estarán en Mourente, Monte Porreiro ou Salcedo, e haberá roteiros con Cedofeita, Salcedo Norte e a actualización do roteiro Castelao.

Un representante de Rei Zentolo, empresa pontevedresa a que se lle encargou a imaxe deste proxecto manifestou que foi un encargo motivador pero moi complicado porque de Castelao hai moitas cousas feitas e é complicado facer algo novo. A primeira idea era facer algo icónico, que servira como imaxe de marca pero tiramos pola versión actualizada, como no seu día fixemos de Rosalía, dándolle un punto máis rockandroll que popeiro, máis reivindicativo con chupa de coiro e os emblemas que leva prendidos, inspirados na faceta menos coñecida de Castelao e quitándolle o peso da garabata ou a america».

Tracking Pixel Contents