Marín acollerá unha mostra do mellor cinema galego co Ciclo Mestre Mateo

REDACCIÓN

Marín

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, presentou onte no Pazo provincial a nova edición do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa impulsada pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, que estivo representada polo seu vogal Milo Baños. Ao acto tamén acudiron representantes dos catro concellos onde se levarán a cabo as proxeccións este ano: Marín (a alcaldesa, María Ramallo), Mondariz (o alcalde, Pablo Barcia), Salvaterra de Miño (a concelleira Lorena Soto) e Vilanova de Arousa (o alcalde, Gonzalo Durán).

No marco do Ciclo Mestre Mateo cada un dos catro concellos participantes acollerá entre os meses de maio e decembro oito proxeccións de cintas que resultaron finalistas nos Premios Mestre Mateo deste ano, con catro títulos de ficción (As Neves”, de Sonia Méndez, +Cuñados, de Luis Avilés, Honeymoon, de Enrique Otero, e Xustiza artificial, de Simón Casal de Miguel) e outros catro documentais (Prefiro condenarme, de Margarida Ledo, Aurora, de Area Erina, Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca, e Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño).

Tracking Pixel Contents