Más de 282 solicitudes para os campamentos de conciliación de verán

REDACCIÓN

Marín

O Concello de Marín recibiu xa 282 solicitudes para acadar unha praza nos campamentos de conciliación que se organizan durante os meses de verán. En total, ofértanse 250 prazas en Marín, 25 en Mogor e outras 25 en Seixo.

Durante esta semanas, o goberno local chamou telefónicamente ás persoas interesadas para comunicar que haberá un cambio de emprazamento. As quincenas que estaban previstas para o CEIP do Sequelo pasarán a desenvolverse no CEIP da Laxe, debido a que están previstas obras tanto no ascensor como no pavillón do primeiro dos centros educativos.

O prazo para solicitar praza segue aberto ata hoxe venres.

Tracking Pixel Contents