Nuria Vil gaña o Premio de Narración Curta de Marín

Nurisa Vil |  FdV

Nurisa Vil | FdV

REDACCIÓN

Marín

O xurado avaliador do VIII Premio de Narración Curta Conecllo de Marín, composto por Susana Pedreira, Ramón Rozas, Arantza Portabales e Elena Gallego, e coa presenza como secretaria da directora da Biblioteca Municipal Vidal Pazos, María Engracia Vicente Izquierdo, reuniuse para fallar este galardón literario, ao que se presentaron 22 manuscritos.

De xeito unánime, optaron polo relato «Unha vida tranquila» como gañador do certame. Ao abrir a plica, revelouse que é Nuria Vilán Prado (Santo André de Comesaña, Vigo, 1993) más coñecida como Nuria Vil, a autora detrás do pseudónimo Pipa co que se presentou ao certame.

O xurado, que valorou todos aqueles manuscritos cunha secuencia lóxica e estruturada que permitiu comprobar o cumprimento das bases en canto á extensión máxima permitida, destacou do relato da autora que conta cunha voz literaria propia, coa que vai transitando por un tema de actualidade, como é a crise da vivenda que atravesa á mocidade, tratándoo dun xeito orixinal, pasando do relato individual ao colectivo. Ademais, destacaron tamén a interesante evolución psicolóxica da protagonista, algo que non é sinxelo de conseguir nun relato curto.

O premio consiste nun cheque de mil euros en metálico, que se lle entregará a Nuria Vilán durante o acto institucional do 17 de maio, que se celebrará ás 13.00 horas na Praza do Reloxo, dentro da programación de Marín, Vila do Libro.

Tracking Pixel Contents