Entrevista | Manuel Sendón Fotohistoriador
«O espírito crítico é o definitivo, o máis importante na vida»
Ata o vindeiro día 18 pode contemplarse no Pazo da Cultura a exposición «Fotosensíbeis», que reúne traballos que 31 artistas fixeron no seu tempo de formación co ex profesor de Belas Artes, fotohistoriador e comisario da mostra Manuel Sendón

Manuel Sendón reinterpretado por David Catá, un dos artistas da exposición «Fotosensíbeis». | FdV
—Como descubriu vostede a fotografía?
Foi unha cousa moi curiosa. Eu estudaba Matemáticas e daba clases particulares a unha persoa que a familia a fixera estudar Farmacia, algo que non lle interesaba en absoluto. Pois esa persoa a que a convencín para que, digamos, se posicionara contra a familia e fixera cine e fotografía, que era o que lle interesaba, foi a que transmitiu esa paixón pola fotografía.
—Que daquela tampouco era una técnica tan extendida, por exemplo as cámaras eran costosas…
Daquela era moi diferente á situación de hoxe en día. É mais, a situación cambiou non hai moitos anos, pero naquel momento simplemente había algunhas familias que tiñan cámara, en outras casas nin sequera había unha cámara doméstica, e logo había un grupo moi pequeno de xente que era aficionada á fotografía e logo, claro, obviamente estaban os profesionais.
—Banalizouse moito dende o paso ao dixital e, especialmente, cos móbiles?
Aí é onde se produce un cambio absolutamente radical. No momento en que os teléfonos teñen cámara pois todo o mundo ten unha cámara fotográfica, todo o mundo fai fotografías. E aí dase unha unha transformación total do que significa o acto fotográfico. Ata ese momento fotografiabase para recordar, para a memoria, e hoxe en día a maioría xente fai fotografías para a conectividade, non para que queden como recordo, senón para inmediatamente mandalas polo teléfono móbil a través de WhatsApp ou subirlas ás redes.
—Di vostede conectividade, pero moitas veces o que semella é case unha exhibición narcisista.
En certa medida, en certa medida é unha unha exhibición bastante narcisista, iso é certo. E é tamén unha forma de estar no mundo, de relacionarte cos demais.
No momento en que os teléfonos teñen cámara pois todo o mundo ten unha cámara fotográfica, todo o mundo fai fotografías. E aí dase unha unha transformación total do que significa o acto fotográfico
—Que é «Fotosensíbeis», a exposición da que é comisario?
É unha exposición que reúne todos os traballos que saíron da miña clase, a maioría presentados na mesma clase ou Traballos Fin de Grao que dirixín, ou outras veces despois dun ano de seguir traballando e no que eu facía un seguimento. Hai tamén algún traballo do grupo de investigacións fotográficas da Universidade de Vigo, do que eu era o investigador principal. Non me interesaban, polo tanto, para esta exposición os traballos que fixeron xente que foi alumno ou alumna meus acabados os anos, senón os traballos que sairon da clase.
—Sorprenderonlle os traballos dos alumnos?
Si, houbo traballos que me sorprenderon moitísimo, porque teñen unha calidade impresionante. Algúns deles, e agora estou pensando, por exemplo, no de Ruth Masó, da primeira promoción da Facultade de Belas Artes, me pareceu tan interesante, tal como o presentou en clase, que dixen: «Isto hai que editalo». Entón presenteillo a diferentes institucións, ningunha delas mostrou interese por publicalo, e a partir de aí, no Centro de Fotográficos que dirixo con Xosé Luís Suárez Canal abrimos unha colección, Do Trinque, para publicar eses traballos. A relación que hai entre o Centro e a Facultade de Belas Artes e a facultade, pois é unha relación non formal, pero moi intensa, no sentido de que moitos destes traballos se publicaban nesta colección e tamén se exhibían na Fotobienal de Vigo.
Hai unha serie de factores, outros tamén externos ao propio centro, como os sociais, que determinan que o nivel da facultade variara moito, de xeito que nos últimos anos que estiven na facultade non aparecían traballos da dimensión dos feitos nos noventa e nos primeiros 2000
—Foi vostede profesor da Facultade de Belas Artes. Que lle parece o momento artístico en Galicia?
Empezaría pola situación da Facultade de Belas Artes, que comeza no ano 90, eu dou clase no curso 93-94 á primeira promoción, cuarto de carreira. Hai uns anos onde os resultados son fantásticos, estou falando, pois incluso de resultados ata os primeiros anos 2000, e despois a cousa varía sustancialmente. Nese momento entra o Plan Bolonia, que dende o meu punto de vista, é un desastre. E logo a aplicación de Bolonia que se fixo na facultade tampouco foi, creo eu, beneficiosa.
—Como afectou o Plan Bolonia?
Por Bolonia pasamos dunha formación de cinco anos a catro. As asignaturas, en concreto a de fotografía, deixaron de ser anuales para ser trimestral, aínda que en teoría fotografía é semestral, pero eses semestres son trimestres en realidade. Hai unha serie de factores, outros tamén externos ao propio centro, como os sociais, que determinan que o nivel da facultade variara moito, de xeito que nos últimos anos que estiven na facultade non aparecían traballos da dimensión dos feitos nos noventa e nos primeiros 2000. O nivel baixou moito, pero con todo no 2008 un traballo que me presentou Xulia Aranda, «Burkas», pareceume sumamente interesante, pero non era tan extenso como os outros que podía haber antes, pero pensei que había que difundilo. Apartir de aí abrín un novo proxecto que se chamou Inédito, que en principio era un proxecto na rede, un blog, ineditoant.wordpress, pero que ao mesmo tempo, e de ahí o de ANT, se publicaba nunha dobre páxina do semanario A Nosa Terra mentres o semanario existiu. Eso é outra parte da exposición, os traballos de Inédito, que a maioría deles on Traballos de Fin de Grao que, por outro lado, é o único aspecto positivo que eu lle vexo a Bolonia, que se fagan eses Traballos de Fin de Grao.
—Que lle recomendaría finalmente a alguén que queira ser artista e adicarse á fotografía?
Pois o que lle recomendaría a un futuro artista é que mire moitas cousas, e que despois faga o que lle dea a gana (risas). Tamén que procure ter espírito crítico, como en todo na vida, e facer o que a el lle interese, o que pensé que pode ser interesante. É importante coñecer o que o que se está facendo e o que se fixo, pero non adoptar unha postura mimética, de copia do que do que está a facer, senón que o espírito crítico é o definitivo, o máis importante na vida.
Suscríbete para seguir leyendo
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Sorteados 74 pisos públicos en Pontevedra: «Llevaba doce años esperando; es una nueva vida»
- Una mujer agrede a un guardia civil tras una fuga temeraria en un coche robado por Pontevedra
- Muere el médico jubilado Isidro Caballería Palau, exconcejal en Pontevedra y expresidente del Puerto de Marín
- Muere Manuel Lozano, de la familia propietaria de la plaza de toros de Pontevedra
- La Guardia Civil hizo 150 intervenciones con la mujer fallecida en Campo Lameiro
- El pontevedrés Foni Díaz pide a las autoridades «una solución» tras cuatro días atrapado en Irán
- Cinco detenidos tras registros relacionados con drogas en el centro histórico de Pontevedra