Música, teatro, xogos e humor, na Festa da Lingua 2025

Celebrarase os vindeiros días 15 e 16 en distintos espazos

REDACCIÓN

Pontevedra

O Centro Social A Pedreira organiza, xunto ao concello de Pontevedra, a Festa da Lingua. Celebrarse os vindeiros días 16 e 17 de maio cunha programación diversa para todas as edades e que busca poñer en valor a lingua a través da música, o teatro os xogos populares e a cultura viva.

O edil de Normalización Lingüística Demetrio Gómez presentou onte a programación acompañado de Pomba Longueira, da Asociación A Pedreira.

Coincidindo co Día das Letras Galegas, «esta proposta aposta por ofrecer espazos de encontro» onde a nosa lingua «este presente de forma natural, festiva e inclusiva», sinala a organización, de ahí que combine actividades familiares, espectáculos e concertos ao aire ibre.

Principiará o vindeiro venres ás 20 horas cuha ruada con saída da Praza da Peregrina, que dará paso á ofrenda floral no monumento a Castelao (Rúa Alta), organizada por Amigos da Cultura.

Ás 21 horas están programados concertos na praza da Pedreira a cargo de Regueifa Tour, Cuarta Xusta e The Teta’s Van.

Xa o mesmo Día das Letras todas as actividades realizaranse na Rúa Serra 36, agás o tempo non acompañe que se trasladarán ao Mercado.

Ás 11 horas comezará o espectáculo infantil de Peter Punk «Con língua própria», ao que seguirán os xogos tradicionais con Miudiño e ás 13 horas un pasarrúas con Foula.

Durante a mañá haberá actividades de ceiba de libros por diferentes puntos da cidade. Ás 14 horas principiará unha sesión vermú con Foula e as Pandereteiras de Quireza e ás 14.30 horas un xantar popular.

Porá o ramo á Festa da Lingua unha foliada final a partires das 17 horas co alumnado do Centro Social A Pedreira.

A programación ligada ao Día das Letras tamén incluirá hoxe outras actividades como as Xornadas Castelao de Maio Longo no Café Moderno e o concerto que celebrará a UNED.

Tracking Pixel Contents