«Todos son días do galego en positivo»
Presentase o documental «Mozas da miña aldea» co que a Deputación Provincial se suma á homenaxe á poesía popular oral | López: «Aspiramos a ondear a bandeira do impulso a lingua»

Acto no Pazo Provincal, encabezado por Luis López. / Gustavo Santos
O presidente da Deputación, Luis López, reivindica o uso da lingua galega desde un punto de vista positivo, desde a unidade e con visión de futuro e reafirma o compromiso do organismo provincial de seguir protexendo e promovendo o uso da lingua, tanto con iniciativas propias como co apoio a entidades que defenden o galego. «Esta Deputación tamén aspira a ondear a bandeira do impulso ao galego. É a nosa lingua vehicular os 365 días do ano», afirmou o presidente, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela; no acto de este luns de conmemoración do Día das Letras Galegas, noi que se presentou a primeira parte dun documental titulado «Mozas da miña aldea» co que o ente provincial se suma á homenaxe á poesía popular oral, á que a Real Academia Galega dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Con motivo de conmemorar o Día das Letras Galegas, a Deputación citou no Pazo provincial a todas as persoas que fixeron posible a elaboración do proxecto «Mozas da miña aldea. As cantareiras e a poesía popular oral na provincia de Pontevedra», así como representantes de entidades relacionadas coa normalización lingüística. Trátase dun documental promovido polo organismo provincial, estruturado en cinco episodios, nos que investigadores da música tradicional galega e as mulleres que transmitiron a tradición oral a través da poesía e a música popular son protagonistas. «Desde a Deputación non dubidamos en unirnos a esta homenaxe cun proxecto propio que afonda nas raíces da nosa provincia e nas voces das súas mulleres. Traballamos, con todas as nosas forzas, a diario, para que a nosa cultura se recoñeza, se respecte e se proxecte con orgullo dentro e fóra do noso país», sinalou o deputado de Cultura, jorge Cubela, encargado de dar a benvida nesta xornada festiva.

Asistentes ao acto / Gustavo Santos
Ademais da estrea deste primeiro capítulo dedicado ás cantareiras dos Seráns de Toutón, en Mondariz; un grupo de mozas desta aldea que realizaban xuntanzas festivas para cantar e bailar. Luis Prego, coordinador xeral do proxecto, foi o encargado de explicar a relevancia destas cantareiras de Toutón e das demais que compoñen o documental na tradición oral da música e poesía popular galega na provincia. O acto contou tamén coa actuación das Pandereteiras de Sadeo, as de Su Garrido e Marco Maril, así como a entrega dun agasallo ás pandereteiras de Toutón. «Hoxe non conmemoramos o día das Letras Galegas, iso será o 17. Hoxe é o día do galego, igual que mañá e pasado, e todos os días», remarcou o presidente Luis López despois de entregar o agasallo.
No uso da lingua como forma de «divulgar, dignificar, asimilar, enriquecer, normalizar e promover» o idioma galego centrou o presidente Luis López o seu discurso, que comezou cunha confesión persoal. «Cando era neno en Fornas, parroquia de San Salvador, concello de Rodeiro, nunca me parara a pensar sobre a lingua: simplemente falaba en galego e punto», dixo López, quen é consciente que aínda hai moito por avanzar na normalización lingüística do galego, área que no goberno provincial é competencia directa do presidente. «O galego é a nosa lingua vehicular os 365 días do ano: cando asinamos un convenio cun concello, cando anunciamos un programa para a veciñanza, cando lanzamos un programa de música en galego que leva actuacións por todos os concellos, o +Música; cando colaboramos co tecido civil e asociativo de defensa do idioma, cando o Museo de Pontevedra desprega un intensísima axenda co gallo do Ano Castelao, cuxas obras orixinais se expoñen entre as súas paredes; cando gañamos premios en todo o mundo por campañas turísticas cuxo lema está en galego, ‘Cando Volves?’; ou, entre moitas outras, cando promocionamos festivais audiovisuais e producións como ‘O Corno’ ou ‘Castelao antes de Nós’”, enumerou López.
«A causa do galego non é cativa. Todos e todas cabemos dentro dela, recoñeceu salientado o »«acerto» de dedicar esta xornada á poesía popular oral. Despois de agradecer e poñer en valor o traballo do Servizo de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación, así como o labor dos responsables deste documental que percorrerá a provincia para presentar os vindeiros episodios, o presidente reafirmou o compromiso da Deputación co galego e convidou a todo o mundo a desfrutar deste documental e do Día das Letras galegas, «á que lle desexo, como Cunqueiro, mil primaveras máis».
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro
- Investigan por seis agresiones sexuales a menores a un joven monitor de la piscina de Marín
- Un hogar pontevedrés tan longevo que ya suma 268 años
- Detenido en Lleida el principal autor de la brutal pelea de Pontevedra
- Polémica por la procesión del Corpus de Pontevedra: el Gremio de Mareantes renuncia a participar
- Un pontevedrés, atrapado en la capital de Irán tras anularse su vuelo de salida
- La Guardia Civil denuncia a 67 conductores con motivo del Rallye de Pontevedra
- El Concello pide a la concesionaria de la piscina de Marín que aclare cómo contrató al monitor acusado de seis agresiones sexuales