Arcos da Condesa acolle o día 17 a II Festa do Can da asociación As Badaladas

REDACCIÓN

Caldas

Por segundo ano consecutivo, a Praza da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa acollerá a Festa do Can, o vindeiro 17 de maio. A iniciativa está promovida pola Asociación As Badaladas, coa colaboración da propia Entidade Local Menor, o Concello de Caldas de Reis e varias entidades e empresas privadas. O festexo amplía a súa programación e inclúe varias novidades con respecto á súa exitosa estrea no ano 2024. Fernando Sabarís, voceiro do colectivo organizador, e o alcalde caldense, Jacobo Pérez, deron a coñecer onte o contido do programa, que comezará ás 10.00 horas e se prolongará ao longo de toda a devandita xornada.

Entre as novas propostas da Festa do Can inclúese un concurso de ‘agility’, e outro de beleza, impulsado pola Sociedade Canina Galega. Entre ambos eventos xa está confirmada a participación de máis de 200 cans.

Tracking Pixel Contents