Festival folclórico polas Letras Galegas en Portas

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e a concelleira de Cultura, Ana Peña, presentaron o primeiro Festival Folclórico de Portas que terá lugar na Azucreira o domingo 11 de maio a partir das 18.30 horas para conmemorar o Día das Letras Galegas e no que participarán o Grupo de Danzas Amor Ruibal, Asociación Cultural Madia Leva, Asociación de Mulleres Rurais “Nogueira”, Grupo Os Peta Portas e unha actuación sorpresa. Martínez salientou a importancia deste evento que será unha das actividades que se celebren no concello de Portas durante o Mes das Letras Galegas.

Tracking Pixel Contents