Figueirido homenaxea a José Acuña e José Portela na súa Comida de Confraternidade

Asistentes á comida. |  FdV

Asistentes á comida. | FdV

REDACCIÓN

Vilaboa

A parroquia de Figueirido, en Vilaboa, rendeu onte homenaxe na Comida de Confraternidade organizada pola Asociación de Veciños San Andrés e a Comunidade de Montes de Figueirido a un dos seus veciños máis destacados. José Acuña Ruzo. Máis de duascentas persoas reuníronse nunha xornada de emoción e agradecemento cara a quen, durante 17 anos, exerceu como alcalde de barrio, ademais de desempeñar importantes responsabilidades no club de fútbol local, como tesoureiro na comunidade de montes e, durante outros 15 anos, como presidente da asociación de veciños.

O acto contou cunha presenza singular: José Portela Canosa, «Pepe o Ferreiro», quen xa recibira o agarimo da parroquia o ano pasado e volveu a sentilo por ser a persoa máis lonxeva de Figueirido.

Tracking Pixel Contents