O Salón do Libro acollerá o trinta aniversario de Ponte… nas ondas!
REDACCIÓN
O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez presentou onte a Troca de Libros e o 30 aniversario de Ponte… nas ondas! que terán lugar dentro do marco do Salón do Libro da cidade. David Castro, responsable da Troca, salientou que o proxecto busca «dar unha nova vida aos libros que temos na casa e non imos ler de novo por un ou outro motivo. Creamos a oportunidade de que outra persoa poida distrutar deles. No caso da Troca son libros de literatura infantil e xuvenil e o único que pedimos é que estean en boas condicións.
Un dos obxectivos que conseguimos e aumentar a participación dos centros educativos e Anpas.
Pola súa banda, o proxecto Ponte… nas ondas! celebra o seu 30 aniversario ao longo de todo este ano pero vaise focalizar o seu espírito o 26 de marzo nunha xornada radiofónica que vai ter lugar desde 8 puntos da xeografía galega e portuguesa: Pontevedra, Vigo, Vimianzo, Santiago, Lugo, Ourense, Valença do Minho e Lisboa. No Salón do Libro participarán centros educativos da cidade e a contorna. Será unha xornada de radio que vai comezar ás 10 da mañá en simultáneo cos restantes lugares, realizada por alumnado de primaria, secundaria e universitario.
- Convocatoria nacional en Pontevedra contra las celulosas
- «Les das lo más importante para una persona, una base para su futuro»
- «Tenemos unos 1.700 pacientes de enfermedad de Crohn y colitis ulcerosa»
- Vuelca un camión en Cuntis cargado de eucaliptos
- Detienen en Panamá a un asiático requerido por España por el doble homicidio de dos mujeres chinas en Pontevedra
- El parque comercial de O Vao prepara sus accesos y apunta a abrir antes de navidad
- Más de 200 vecinos reclaman una sanidad pública digna en Barro
- Cadena humana en el CEIP San Clemente de Caldas: «La sensación de apoyo es total»