Marín pecha «21 días co galego»
O Colexio do Carballal acolleu a clausura dun programa no que participaron tamén O Sequelo e o Corbo Boullosa de Ponte Caldelas

Autoridades e asistentes á gala de onte. / FdV
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou onte a «importancia de impulsar unha maior presenza do galego nas propostas de lecer para a rapazada, dentro e fóra das aulas, para incrementar o seu uso e prestixio». Fíxoo durante a clausura no colexio do Carballal en Marín do programa de dinamización lingüística ‘21 días co galego e+’, cuxo remate sempre se fai coincidir coa data de celebración do Día da Lingua Materna, e no que estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García.
Esta iniciativa, posta en macha o pasado 31 de xaneiro, desenvolveu durante tres semanas consecutivas obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais na nosa lingua nunha decena de centros de Educación Infantil e Primeira das catro provincias, contando coa implicación de preto de 4.000 persoas entre alumnado, profesorado e persoal administrativo e servizos.
O desenvolvemento de todas estas propostas quedarán nas redes sociais do programa e no seu blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se foron mostrando as creacións. Ademais, durante as tres fins de semana de duración do programa publicouse contido lúdico para que as familias continuasen o labor iniciado nos centros.

O conselleiro saúda ós rapaces. | FdV
O alfinete de ouro da edición porao de novo o III Encontro 21 días co galego e +, que reunirá o vindeiro 25 de febreiro o alumnado e profesorado de todos os centros participantes no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago para compartir as súas experiencias nunha sesión lúdica.
Neste curso, o programa desenvolveuse nos colexios Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Emilio González López (Cambre) e o La Grande Obra de Atocha (A Coruña), na provincia da Coruña; no Albeiros e no Illa Verde en Lugo; no Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) e o Manuel Respino (A Rúa), na provincia de Ourense, e no centro do Carballal (Marín), de Sequelo (Marín) e no Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas), da provincia de Pontevedra.
- Indignación al ser anuladas endoscopias en el hospital Montecelo con los pacientes esperando ya en sala
- La Brilat de Pontevedra refuerza su despliegue en el flanco este de la OTAN
- «Les das lo más importante para una persona, una base para su futuro»
- El parque comercial de O Vao prepara sus accesos y apunta a abrir antes de navidad
- Más de 200 vecinos reclaman una sanidad pública digna en Barro
- Cadena humana en el CEIP San Clemente de Caldas: «La sensación de apoyo es total»
- El área sanitaria de Pontevedra-O Salnés realiza al año unas 200 nuevas ostomías digestivas y urinarias
- El Concello de Poio anuncia que la cuota fija doméstica de agua y saneamiento será de 22,17 euros