Cantaxoga chega ás rúas de Pontevedra

A compañía de teatro Migallas levará hoxe as 12.00 horas ás rúas de Pontevedra o seu espectáculo Cantaxoga, nunha actuación organizada por Queremos Galego, na campaña que están a realizar de cara á manifestación nacional do vindeiro 23 de febreiro en Santiago. A actuación é de balde e terá lugar na Praza de Ourense, ao lado das escaleiras que dan a Ferrería.

Tracking Pixel Contents