O legado do músico coruñés Marcel del Adalid, a exame no Museo de Pontevedra
A musicóloga Laura Touriñán presenta o xoves 30 na institución pontevedresa un libro sobre a pegada do compositor na Real Academia Galega

Laura Touriñán, autora do libro sobre Marcel del Adalid. / FDV
R.P.
O Museo de Pontevedra acolle o vindeiro xoves, 30 de xaneiro (19:00 horas), a presentación do libro Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, da musicóloga Laura Touriñán Morandeira. O acto contará con Alejo Amoedo ao piano, que interpretará pezas do compositor, pioneiro na incorporación á música académica da lingua galega e das nosas melodías populares, e un dos creadores máis relevantes da escena peninsular do seu tempo.
A investigadora estará acompañada polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve; e o musicólogo e académico correspondente Fernando López-Acuña.
Autor de preto de 300 títulos coñecidos, a práctica totalidade das composicións de Marcial del Adalid (1826-1881) consérvase na Real Academia Galega, que custodia dende 1928 un conxunto bibliográfico e arquivístico do músico que fan dela a institución de referencia para os estudos sobre o autor. A RAG facilita o acceso a este rico fondo na páxina marcialdeladalid.academia.gal, unha web na que tamén se poden descargar outros contidos relacionados co compositor, entre eles Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, publicado na colección Anexos BRAG.
- Descubren una fábrica clandestina y 142 kilos de tabaco de contrabando en Pontevedra
- Medio centenar de estudiantes inicia sus prácticas de Enfermería en el área sanitaria de Pontevedra
- Una estirpe de ferreteros de casi ochenta años
- El genial caso del aula de los 50 años entre sus alumnos
- La ‘piqueta’ ya hizo su trabajo en Lapamán
- Confirmados los 22 años de cárcel para el asesino de Jéssica Méndez
- Una colisión frontal entre dos vehículos en Marín obliga a excarcelar a una mujer herida
- Unos «profesores» con mucho olfato para los niños