O programa Apego convida ás familias a transmitir o galego

O vindeiro mes desenvolverase unha novidosa programación no Pazo | Xogos, bailes, adiviñas ou recitados, entre as propostas

O programa Apego busca restaurar a posibilidade de que a cativada aprenda galego de xeito natural, nun contexto familiar e de socialización

O programa Apego busca restaurar a posibilidade de que a cativada aprenda galego de xeito natural, nun contexto familiar e de socialización / FdV

S. R.

O programa Apego volve a Pontevedra para debullar unha novidosa e completa programación para o mes de febreiro no Pazo da Cultura. Trátase de actividades destinadas ás familias con crianzas entre os 0 e os 7 anos, e que teñen entre os seus obxectivos restaurar a posibilidade de que a cativada aprenda galego de xeito natural, nun contexto familiar e de socialización.

Así, dótase ás s familias de recursos e ferramentas para posibilitar a crianza e sociabilización en galego, reforzar a transmisión de pais e nais a nenos e nenas e restaurar a posiblidade de que a cativada incorpore a nosa lingua de xeito natural, especialmente neses primeiros anos de vida.

O programa, ilustrado por Tania Solla, estará composto por varias actividades novas, como «Corochas» de Atenea García, que abrirá a programación o vindeiro mes. En concreto, será o venres 7 en dúas quendas, «Música na pel» o luns 10 con Arkhé Espazo Educativo en pase único, un dobre pase de «Cucú tapa o cu» con Lorena Pinheiro o venres 14 e «Triscus Beliscus», con Vero Rilo e Sonsoles Penadique o venres 27, tamén con dúas sesións.

Pola sua banda, a Fundación Legar formará parte de novo da programación achegando o venres 21 con «Arrolar», para bebés de 0 a 15 meses, e «Arrolar e bailar», para crianzas entre 15 meses e 3 anos.

Entre as 6 propostas plantexadas cun total de 9 pases, as familias atoparán narración oral, cancións, xogos, bailes, trabalinguas, adiviñas, ou recitados

Entre as 6 propostas plantexadas cun total de 9 pases, as familias atoparán narración oral, cancións, xogos, bailes, trabalinguas, adiviñas, ou recitados.

O formulario de preinscrición está xa está activo en apuntate.pontevedra.gal e terán prioridade á hora de asistir as familias que xa forman parte do programa.

Aquelas familias intersesadas en adherirse por primeira vez ao Apego poden solicitar unha cita no servizo de Normalización Lingüística para programar a entrevista personalizada.

Xa está tamén disponible o calendario Apego 2025 que, con imaxes cedidas polo Concello de Ames e deseño de Ruth Caramés, achega ditos ou recitados para recuperarmos a tradición dos xogos de palabras.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello é o responsable deste programa do que forman parte varios concellos galegos, preocupados pola transmisión da nosa lingua aos bebés e nenos.

Tracking Pixel Contents