O programa Xogade reúne hoxe en Poio a preto de 500 escolares no Campionato Galego de Cros
Participan 52 clubes, 26 centros educativos e tres escolas deportivas municipais de toda Galicia
REDACCIÓN
Poio é hoxe escenario do Campionato Galego de Cros Xogade, que se disputa na Seca entre as 10.00 e as 13.00 horas e reúne a preto de 500 escolares de toda Galicia. O alcalde, Ángel Moldes, e o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, presentaron onte a proba, destinada ás categorías alevíns, infantís e cadete de 52 clubes, 26 centros educativos e tres escolas deportivas municipais de toda Galicia.
As carreiras organizaranse por categoría e por xénero na contorna da Seca. Ás 11.00 horas comeza a categoría cadete feminina, nunha distancia de 3.000 metros, seguida da cadete masculina co mesmo percorrido. Posteriormente, son as categorías infantil feminina e masculina, respectivamente, nunha distancia de 2.500 metros, para rematar os alevíns feminina e masculina, nun circuíto de 2.000 metros.
Entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados individuais de cada categoría e os tres primeiros equipos de cata categoría recibirán tamén un trofeo. Na categoría cadete, as tres primeiras persoas clasificadas na categoría feminina e masculina representarán á selección galega no nacional de cros escolar que se celebra a finais de xaneiro en Madrid.
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- Los vecinos, con el alcalde de Poio, desalojan la casa ocupada en Combarro
- Sorprenden a un vecino de Cuntis con dos kilos de hachís en su furgoneta
- Muere la mujer de Cerdedo-Cotobade víctima de una brutal paliza de su hijo el 2 de enero
- «Cando volves?» lucirá el interior rural como imán turístico en FITUR
- La vida con deporte y la enfermedad de Perthes
- Estiman juzgar por homicidio doloso, y no imprudente, al investigado por arrollar con una lancha a un bañista en Silgar
- «En una experiencia tan oscura como la muerte también hay momentos de luz»