O Museo celebra o Ano Castelao con visitas guiadas e actividades ao longo de 2025
Anima a descubrir o seu legado e a súa vida a través da páxina web
REDACCIÓN
A Deputación participa na celebración do Ano Castelao, no que se conmemora o 75 aniversario do falecemento do artista e intelectual galego, no Museo de Pontevedra cunha ampla programación para celebrar a súa vida e legado. Unha programación que, como explicou oonte presidente provincial, Luis López, arrancou o pasado martes 7 de xaneiro, cunha visita guiada e unha sesión de cine e música, mais que continuará ao longo de todo o ano. «Queremos, con estas actividades, e nun ano tan especial como este, manter vivo entre nós a Castelao, na cidade que tanto quería e nunha provincia coa que tiña tan fondo vínculo como a nosa, como era a súa vontade», confirmou. En concreto, as visitas guiadas ás salas que o Museo de Pontevedra lle dedica a Castelao e que se estrearon o pasado 7 de xaneiro con grande éxito, repetiranse todos os primeiros martes de cada mes, sendo a próxima o 4 de febreiro, e é necesario reservar prazas a través da web. Ademais, López animou a todos e todas as pontevedresas a descubrir o legado e a vida «dun dos nosos máis ilustres intelectuais» a través da web do Museo, ben explorando as obras que forman a súa colección no Museo, realizando unha visita virtual polas salas do Museo ou descargando en PDF o libro ‘Esenciais. Castelao no Museo de Pontevedra, unha introdución á súa figura e á obra presentes na institución.
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- Los vecinos, con el alcalde de Poio, desalojan la casa ocupada en Combarro
- Sorprenden a un vecino de Cuntis con dos kilos de hachís en su furgoneta
- Muere la mujer de Cerdedo-Cotobade víctima de una brutal paliza de su hijo el 2 de enero
- Asociaciones y estudiosos piden que se impida el derribo del último alfolí
- Absuelto un jefe de un super pontevedrés al no quedar 'acreditado' que acosase sexualmente a una empleada
- El escritor Manel Loureiro y los servicios de Dermatología y Digestivo del CHOP, premios Cidade de Pontevedra
- Vecinos de Combarro protestan contra la okupación de una casa